Emmanuel Macron: “Estamos en guerra contra o coronavirus”


O presidente francés, Emmanuel Macron, decreta medidas excepcionais para tratar de conter a propagación do COVID-19. Tras afirmar, en varias ocasións, que Francia está «en guerra», en referencia á situación provocada polo coronavirus, Macron ordenou a prohibición dos desprazamentos que non sexan ‘esenciais’ en todo o país; unha medida que entra en vigor a partir do mediodía deste martes. Ademais, o Goberno francés decidiu pechar as súas fronteiras terrestres e o espazo Schenge. O xefe do Executivo sinalou que as contundentes medidas adoptadas representan a única maneira de protexer ás persoas vulnerables, así como de evitar o avance da enfermidade e o aumento de contaxios para reducir a presión sobre os centros hospitalarios. Desta maneira, as autoridades sanitarias poderán dedicar unha mellor atención a quen estea ou sexan infectados polo COVID-19.