33
A chegada de Emmanuel Macron ao Líbano causou balbordo de principio a fin. Foi o primeiro xefe de goberno estranxeiro en visitar o país tras a tráxica explosión do martes. Acompañado dunha gran multitude, Macron camiñou polas zonas máis afectadas e conversou cos presentes que entre berros celebraban o respaldo de Francia pero á súa vez protestaba contra a súa clase política. Sen poder facer oídos xordos á demanda popular, o mandatario francés prometeu poñer sobre a mesa do Goberno libanés un novo pacto político, ademais de máis axudas e o apoio o seu país á investigación do sinistro. Antes do suceso, Líbano atopábase sumido nunha crise económica e política, enmarcada por denuncias de corrupción e fortes protestas.