44
Fernando Vázquez Quinteiro non seguirá ligado ao Calvo Xiria Balonmán, así o fixo saber este xoves nunha rolda de prensa telemática convocada cor o club carballés para as 19:30 horas. Fernando leva 21 tempadas polo club da súa vida, onde desempeñou varias facetas, entre elas, como xogador, adestrador do primeiro equipo masculino e agora ultimamente estaba á fronte do equipo feminino. Fernando Vázquez anunciou que tivo que tomar «unha das decisións máis difíciles da súa vida», desvelando que formará parte doutra entidade, pero de momento reservouse o anunciar cal será. Agradecementos mutuos por parte dos directivos do Balonmán Xiria e do propio Fernando Vázquez, puxeron fin a unha máis que emotiva comparecencia.