Emotiva despedida en Pontecesures á parella asasinada en Sri Lanka

Este sábado pola tarde foron enterrados María González Vicente e Alberto Chaves en Pontecesures (Pontevedra), os dous mozos galegos mortos nos atentados de Sri Lanka nos que perderon a vida 253 persoas. Dúas familias rotas pola perda e centos de amigos, veciños e representantes políticos asistiron ao multitudinario acto de despedida. Os restos dos mozos foron trasladados desde o tanatorio de Iria Flavia en Padrón ata a Igrexa Parroquial de San Xulián de Pontecesures, de aí ao cemiterio de Requeixo, onde recibiron sepultura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha