Empate a un gol entre Bergantiños FC e Club Silva SD


Partido correspondente á segunda xornada da fase primeira de Terceira División o que xogaron este domingo ás cinco da tarde en As Eiroas o Bergantiños e o Club Silva, cun resultado de táboas no marcador ao final do encontro, 1-1. Partido moi igualado desde o principio, Remeseiro abría o marcador de penalti no minuto 31 para os locais, resultado 1-0 co que se chegaría ao descanso. O Club Silva apertou un pouco máis na continuación e como consecuencia diso empataba o encontro 1-1 no minuto 58. Provisionalmente, o Berganiños colócase terceiro na táboa clasificatoria con dous puntos, os mesmos que ten o Silva SD que é sexto.