Empate entre a esquerda e a dereita en Galicia o 12X, segundo o CIS

1 minutes read

Esa é a expectativa que reflexa o barómetro do CIS do mes de xuño publicado este mércores e que outorga á suma de PP, Vox e Ciudadanos o 39,8% dos sufraxios e o 40,2% os que apañarían PSdeG, BNG e Galicia en Común. O Partido Popular obtería o 38,7% do voto nos comicios, por diante do PSdeG, co 18,6%, e tan só a un punto o BNG, que alcanzaría o 17,6% dos sufraxios e sería a forza que experimentaría unha maior suba no 12X. Pola banda contraria, Galicia en Común, que segundo o CIS alcanzaría unicamente o 4% dos sufraxios, moi lonxe das cifras que conseguira a coalición da antiga En Marea, e unha porcentaxe que non lle permitiría superar o limiar para entrar na repartición de escanos. O apoio a Vox en Galicia seguiría sendo residual, ao sumar tan só o 0,6% dos votos, ao igual que o de Ciudadanos, que alcanzaría o 0,5%.