Balonmán Culleredo 32 – Grupo Lemaco Xiria A 32 – (18-18)
A igualdade dominou no transcurso dos 60 minutos no pavillón de Tarrío cullerdense.
Primeira metade de moito ritmo onde os ataques se impuxeron claramente as dúas defensas que dispuxeron ambos equipos. O Grupo Lemaco viuse incapaz de frear as arremetidas dos locais que marcaban con demasiada facilidade, tan so a faceta anotadora do Xiria o mantiña no encontro.
Na segunda metade o Grupo Lemaco optou por saír a apremar máis arriba pero deixou moi so ao seu defensor central que se viu incapaz de frear a un pivote con tanto espazo. No ataque a pesar de que o Culleredo tamén baixou intensidade na defensa o Grupo Lemaco non tivo o día de cara a gol, perdoando moitas accións claras diante da portería.
Reparto de puntos en xogo, pero perda de un punto para o Xiria nunha recta final de Liga Ouro onde todo conta para estar arriba na clasificación.