Laber Xiria 28 A.D. Carballal 28
Visitaba o Pavillón Vila de Noia o Carballal, líder invicto da competición tras as seis primeiras xornadas, atopouse diante un Laber Xiria loitador e coñecedor do seu rival. Nun partido enorme dos xogadores carballeses, onde tiveron que loitar contra o seu rival e sobre todo contra as adversidades en forma de lesións, Mario Cancela no minuto 14 e Aaron Rodríguez dende o comezo da segunda metade, Iker xa non puido nin partir de inicio, pero o que máis tiveron que sufrir foi a arbitraxe, moi diferente cambio de criterio en ambas áreas, prexudicando en exceso aos locais, castigándoos con excesivos 7 metros, 13 en total.
Arrancou o encontro cun Laber Xiria ben plantado na defensa, o Carballlal so conseguiu marcar nos primeiros minutos de penalti, iso si, dispuxo de 7 lanzamentos nos primeiros 15 minutos. Os carballeses superaban a defensa do rival con paciencia e se precipitación, o Laber dominaba o marcador.
Na segunda metade o Carballal, apostou por unha defensa mixta sobre Alex Gómez, o que dificultaba a circulación do balón no ataque, a pesar delo, o Xiria conseguía boas posicións e sobre todo ocos para facer dano ao rival. Chegouse a falla de 12 minutos a máxima distancia, 25 a 19 para os locais, que parecía facerse cos dous puntos. Unha serie de erros en ataques precipitados e a velocidade do Carballal apremaban o resultado na recta final. Os vigueses na remontada tiveron o vento a favor en forma de criterio arbitral, deixaron de pitarse varias accións no ataque do Laber e todo o que se achegaba a área do Xiria era 7 metros e exclusión, deste xeito no derradeiro ataque vigués plasmouse a impotencia dos compoñentes do Laber con ese derradeiro 7 metros sinalado coa conclusión do encontro que dou o empate final.