Empate sen goles en As Eiroas entre o Bergantiños e As Pontes


O Bergantiños FC partía como claro favorito no partido aprazado xogado este mércores en As Eiroas contra As Pontes. O encontro foi máis ben frio, con poucas ocasións de gol, con moito xogo no centro do campo e cun equipo visitante que plantou cara durante todo o encontro ao equipo que dirixe José Luis Lemos. Con todo o Bergantiños tentouno máis que As Pontes, sobre todo nos minutos finais do encontro, pero non puido romper a liña da portería de Bugy. En calquera caso, suma un punto máis e cada vez é máis líder e está máis preto do seu obxectivo.

Isto era o que contaba José Luis Lemos en rolda de prensa ao finalizar o encontro.