Empate sen goles entre o Compostela e o Bergantiños


Partido con pouca faísca o vivido este domingo no Verónica Boquete, a ritmo de derbi, entre o Compostela SD e o Bergantiños FC. O conxunto local, que adestra Fabiano, tivo as mellores ocasións no primeiro tempo, xerando moitas de gol, pero estreláronse contra os postes. Mario e Jorge Cano finalizaron ao ferro e Santi Canedo fixo unha das paradas da xornada nun lanzamento de Pablo Antas desde fóra da área. Tras o descanso o Bergantiños quixo, pero non puido, controlou moito mellor o partido, non sufriu tanto en defensa e gozou das mellores opcións pero o empate inicial non se moveu. Tras este resultado o Compostela segue segundo con 45 puntos e o Bergantiños, de José Cano, no posto 16 con 18 puntos.