Empezan a verse os primeiros peregrinos tras o confinamento

1 minutes read

O camiño a Fisterra discorre integramente pola provincia da Coruña, así que xa se pode percorrer nesta fase 2 da desescalada. Os albergues permanecen pechados, pero si están abertos os hoteis, as pensións, os bares e os restaurantes, así que facer o Camiño de Santiago xa é unha opción para un plan de fin de semana ou unhas vacacións breves. Con todo, de momento son poucos os peregrinos que atopamos na ruta, pero algúns sí hai. Os hostaleiros confían en que a situación remonte a partir da semana próxima, cando entremos na fase 3, e sobre todo a partir do verán.