Empezan as Festas da Xuventude, as orquestras inician tempada ao aire libre

Comenzada a primavera e a melloría da climatoloxía, empezan a repicar as campás e o estrondo dos foguetes de sete estalos indican o comezo das festas, romarías e todo tipo de celebracións ao aire libre por todos os lugares de Galicia.

As orquestras galegas, que por sorte nón son poucas, afinan aparellos, camións palco, luces de cores e demáis instrumentos para presentar os seus, cada vez maiores espectáculos. Acabaronse os palcos de cemento e as bombillas pintadas… A tecnoloxía avanzou coma un raio e as luminarias led e o vídeo en alta definición acompañan cada día máis a posta en escea dos profesionais do ritmo e o baile nas suas actuacións ante o gran público.

Para mostra como aperitivo chegan xá as festas da xuventude, creadas en moitos casos polas comisións de festas para a recadación de fondos para as celebracións patronais da época estival. Un oco están a ter tamén as discotecas móviles, porque o descanso do baile xa non se leva e parar cedo tampouco, mellor música «non stop». Aquí damosche información e mostra das primeiras festas da xuventude desta tempada:

Promo da festa da xuventude ó sábado 6 de abril no Barrio do San Cristobo en Carballo.
Promo da festa da xuventude o sábado 13 de abril en Artes – Carballo.
Promo da festa da amizade o sábado 13 de abril en Sardiñeiro en Fisterra.

Unha das moitas formacións galegas que non descansa é a Orquestra Trebol, repleta de actuacións nas mellores salas de festas e restaurantes durante o inverno, agora acaban de sacar un videoclip que a bon seguro os acompañará na sua traxectoria musical casi diária este verán. Goza aquí da adaptación da canción «Fué Dificil» na voz dunha das últimas artistas en sumarse a formación, Iria Riola.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha