O Sergas adxuntará nas nóminas de xaneiro as contías completas da carreira profesional

1 minutes read

Un total de 13.561 profesionais do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas teñen un incremento retributivo vinculado ao recoñecemento dun novo grao de carreira profesional. Na actualidade perciben algún grao de carreira profesional 20.198 traballadores do Sergas e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. No que atinxe á atención primaria, preto do 90% de profesionais (88,37 % ) teñen recoñecido algún grao de carreira.

O pago en nómina do incremento vinculado ao complemento de carreira produciuse en dúas anualidades, distribuído nunha porcentaxe do 50% en 2021 e 50% en 2022, polo que o 100% das contías do novo grao abonaranse a partir deste ano. Suporá un incremento retributivo medio do 5,92%.

Dos 13.561 profesionais do Servizo Galego de Saúde que teñen melloras retributivas asociadas a un novo grao de carreira profesional distribúese no seguintes colectivos: 3.345 son licenciados sanitarios, persoal facultativo; 3.558 son diplomado sanitarios das categorías de enfermeira, matrona, fisiote rapeuta etc; 705 son técnicos de FP C1, técnicos especialistas sanitarios; 1.988 son técnicos de FP C2, técnicos auxiliares de cuidados; e 3.965 persoal de xestión e servizos e técnico de FP C1.

Destes profesionais, o 2,12% accederon ao grao I, o 46,76% ao grao II, o 20,18% ao grao III e o 30,94% ao grao IV.