A Comisión Europea estima que o custo da oficialidade do catalán, o euskera e o galego na Unión Europea sería de 132 millóns de euros, segundo un informe preliminar. Para chegar a ese cálculo, multiplicou por tres os 44 millóns que custa actualmente ao ano a tradución e a interpretación ao gaélico, pero deixa claro que debe “chegar a un cálculo máis preciso” que aínda non está en condicións de elaborar, ata que os 27 acepten a oficialidade destas tres linguas. O custo definitivo dependerá tamén dos sistemas de intelixencia artificial de tradución automática que existan en cada lingua e se non existen, necesitarase investir neles. Tamén haberá que ter en conta os períodos de transición que se establezan ata que a oficialidade do catalán, o galego e o euskera sexa completa.
25