Emprendedores das catro provincias contarán este trimestre con 11 novos espazos coworking

@ConcellodeCabana_Arquivo.

Trátase de lugares de traballo, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, estando deseñados para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, o que ten permitido ata o de agora impulsar máis de 700 proxectos emprendedores no rural galego.

Para o seu desenvolvemento, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación renova, a través do Igape, o convenio coa Escola de Organización Industrial (EOI), impulsando así estes novos talleres que facilitarán, ata finais de 2022, a participación de 220 iniciativas empresarias nestes espazos coworkings, grazas a un investimento conxunto que supera o millón de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha