Empresarios do ocio nocturno prevén 250 festas de fin de ano ilegais en Galicia

O presidente da Federación Galega de Salas de Festa e Discotecas, Samuel Pousada, prevé unhas 250 festas ilegais por toda Galicia durante a noite de Fin de Ano e a de Reis, o que supón un 22 % menos ca as 320 esperadas no Nadal pasado. Preto do 85 % destas celebracións realizaranse o 31 de decembro. Ademais, detallou que a distribución por provincias será desigual, xa que en Pontevedra e na Coruña prevense unhas 85 festas ilegais, respectivamente, mentres que en Lugo e en Ourense, unhas 40. Pousada explicou que a maioría destas festas levarán a cabo en locais con licenza que realizan unha festa extraordinaria sen solicitar o permiso pertinente. Neste punto puxo o foco nos concellos, lamentando as dificultades que se atopan os establecementos á hora de realizar algún trámite. Segundo as súas cifras, un 15 % destas festas ilegais son «clandestinas», en locais sen acondicionar que se alugan para estas ocasións «con ánimo de lucro» e «sen autorización», representando un «grave perigo» para os asistentes.

Related posts

COGAMI pecha 2025 con 388 actuacións en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade

Un ciclista perdeu a vida en Foz mentres circulaba pola N-642

Morre un home de 49 anos e o seu fillo de 21 nun incendio na súa casa de Mugardos | Outro home aparece queimado en Pontevedra