Emre Çolak, chega ao Deportivo no mercado invernal

1 minutes read

O Deportivo xa conta coa súa primeira fichaxe no mercado invernal. O presidente en funcións, Armenteros, recoñeceu que o primeiro en chegar será Emre Çolak. De feito, xa esperaban ao turco pero como recoñeceu el mesmo “por unha tormenta, Emre Çolak non puido chegar, pero farao. Será a primeira fichaxe invernal“. Así as cousas, chega un xogador de ataque para un equipo necesitado de talento e maxia. O propio Emre Çolak recoñecía hai poucos días que a súa fichaxe estaba cada vez máis preto. Así foi como se lle viu subindo imaxes apoiando ao equipo a través das súas redes sociais, pero tamén se animou a responder a unha mensaxe en Instagram. “Vémonos pronto rapaces”, meu dito meu feito.