Comezouse a traballar nun informe do inventario de Meirás

Unha comisión de técnicos e avogados, encabezada pola titular do xulgado de primeira instancia número un da Coruña, comezaron o inventario dos bens do pazo de Meirás. Realízase para evitar o expolio, por parte da familia Franco dos bens que poden ser de titularidade pública, entre eles as estatuas do Mestre Mateo e a biblioteca de Emilia Pardo Bazán. Un proceso xudicial que vai rematar o próximo 10 de decembro cando a familia Franco deberá devolver o pazo, o que fora a residencia de verán do ditador, ao patrimonio público. Unha data que vai ser histórica, segundo as partes demandantes. Agora, a comisión dispón de 20 días para elaborar o informe de todo o inventariado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha