En 2021, o programa PEL-Concellos da Deputación pasa de 3 a 6 millóns de euros

1 minutes read

A Deputación da Coruña vén de publicar as bases do seu plan de creación de emprego nos municipios (PEL-Concellos), para 2021, que duplica o orzamento con respecto aos anos anteriores e chega ata os seis millóns de euros co obxectivo de crear preto de 900 empregos nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que se trata dunha medida extraordinaria para axudar a crear emprego e paliar as consecuencias da crise derivada da pandemia da Covid-19. “Con 6 millóns de euros de orzamento en 2021, PEL Concellos é o maior programa de creación de emprego municipal impulsado por unha administración local en Galicia e ofrecerá unha oportunidade laboral a preto de mil persoas nun contexto social e económico tan difícil coma o actual”, afirmou  o presidente.