En agosto + Verán Cultural en Carballo

1 minutes read

Comeza o venres 2 cun concerto de Sés, da man da Deputación da Coruña. Pregoeira o ano pasado na Praza dos Libros, volve para ofrecer un concerto no que mestura rock’n’roll, tradición oral galega, canción de autor latinoamerica e actitude punk. Presenta Readmirando a condición. E o venres 9 de agosto chega unha das citas estrela do programa, un concerto da Orquesta Garufa Blue Devils Band & Sito Sedes. Trátase dunha actuación patrocinada pola Fundación Luis Calvo Sanz cunha orquestra que revisa os grandes clásicos do swing cunha das voces galegas máis recoñecidas.

Os máis cativos e cativas volven ter a súa cita o venres 16 de agosto con Sonámbulo, de Antón Coucheiro. Nesta cita na que colabora a Deputación, Coucheiro monta un cabaré portátil dun bufón rosmón co que o público pode participar e divertirse a través dunha comedia visual sen palabras, con clown, efectos máxicos e teatro físico. E tamén con axuda do organismo provincial vén o día 23 Son de seu, referente na música tradicional por ser unha das primeiras orquestras europeas de música folk. Pecha o programa o venres 30 de agosto o Festival de Música e Baile Tradicional protagonizado polas agrupacións de Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?