En Arzúa, quinta vítima mortal das estradas galegas en agosto

1 minutes read

O inicio do mes de agosto está a resultar realmente tráxico nas estradas galegas. Hai unha nova vítima mortal, a quinta en só 8 días.

Colisión frontal en Arzúa, á altura de Boente, nunha zona de curvas en que son frecuentes os accidentes, sobre todo cando chove, coma este mércores. A persoa que faleceu quedou atrapada no habitáculo e a súa liberación foi moi complicada, segundo os bombeiros. Acabou morrendo cando a trasladaba a ambulancia.

Das outras catro vítimas mortais do que vai de mes, tres foron tamén en choques frontais, dúas en Outes, na Coruña, e outra nos Blancos, en Ourense. A outra foi una muller atropelada na entrada de Malpica.