En breve comezará a vacinación a menores de 40 anos

1 minutes read

A finais da vindeira semana, segundo a Consellería de Sanidade, nalgúns puntos de Galicia veremos as primeiras vacinacións de persoas que están na década dos corenta anos de idade. Porque a franxa entre os 50 e os 59, polo menos a primeira dose, estará completada. A semana do 7 de xullo comezarán a administrar os preparados anticovid para homes e mulleres de entre 40 e 49 anos. Unha vez remate esta fase comezaría a que engloba o segmento de entre os 25 ou os 18 anos, porque aínda está sen concretar, e os 40 anos. E dos corenta para baixo.