En breve será realidade a tramitación urbanística da estación de autobuses intermodal de Lugo

Cedida.

Na reunión da Comisión de Seguimento da intermodal de Lugo os técnicos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informaron dos importantes avances na terminal de autobuses, que conta co proxecto básico xa redactado e o construtivo en elaboración.

De feito, prevese iniciar en breve a tramitación urbanística deste proxecto a través da Lei 3/2016, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, que permite a simplificación e redución de prazos administrativos.

Durante o encontro, os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural reiteraron ante Adif e o Concello o procedemento para descatalogar o edificio de Correos, necesario para a execución do proxecto da estación ferroviaria que prevé executar Adif. Ese procedemento é o mesmo que xa se lle trasladou en 2018 e consiste na modificación simplificada do PXOM, que debe iniciar aínda o Concello.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural comprometeuse a axilizar a tramitación que lle corresponda para que o procedemento para a descatalogación do edificio se aprobe no menor prazo posible.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha