Estaba cantado. E iso que os xuíces, moi a diferenza do que fixeron cos xogadores do Arandina e con outros delincuentes sexuais españois, foron xenerosos con eles e non só nas penas.
A Audiencia de Barcelona dita orde de busca e captura contra dous membros da chamada Manada de Manresa. Os dous debían presentarse este martes ante o tribunal, que debía decidir se ingresaban en prisión preventina ou non, a pesar de que a sentenza que os condenou por abusar sexualmente dunha menor ainda non é firme. Pero non apareceron, asi que o tribunal deu orde de detelos para que ingresen en prisión. Os outros tres condenados si compareceron, un este mesmo martes, e os outros dous os pasados 11 e 17 deste mes.