En Carballo fabrícanse as casas modulares máis innovadoras do mercado

1 minutes read

As casas prefabricadas gañan cada vez máis adeptos, en zonas como Madrid e Cataluña, pero Galicia tampouco queda atrás. E se non, non fai falta máis que dicir que a empresa pioneira nesta revolucionaria maneira de construción está en Galicia, concretamente en Carballo. Falamos de Casas Cube, unha compañía que levaba anos dedicándose ao tema da obra civil de formigón e aceiro, ademais da fabricación modular, un proceso que consiste na ensamblaxe de distintos compoñentes nunha fábrica conformando módulos portables que posteriormente serán transportados e rematados na súa localización definitiva. A partir destes módulos pódense realizar distintas configuracións de edificacións eficientes en prazos máis curtos que a construción convencional. Os seus usos poden ser residenciais, comerciais, para servizos cidadáns, etc. Cube conta cunhas instalacións de fabricación no polígono de Bértoa que na súa totalidade suman máis de 100.000 metros cadrados, de onde mensualmente saen 8 casas perfectamente terminadas e listas para colocar en parcela.