33
- Fóronse entregando acompañadas dun diploma dirixido aos nenos e nenas firmado pola alcaldesa, Sandra Insua.
Estas máscaras artesanais están dirixidas a nenos e nenas do municipio de entre 2 e 14 anos e están feitas con Tejido No Tejido (TNT) de triple capa, aumentando así a protección con respecto as xa fabricadas para os adultos, que eran de doble capa. Hai modelos de distintas tallas para poder adaptarse aos rangos de idade dos nenos e nenas. A tela é de cores para que esteticamente sexan máis vistosas. A alcaldesa quixo recordarlles aos peques que “xa non queda nada para volver a estar cos vosos amigos e amigas e, en canto a situación o permita, lembrade que celebraremos todos xuntos a maior festa infantil da historia de Camariñas como regalo polo ben que o estades a facer, cumprindo todas as normas”.