En estado crítico unha veciña de Carballo tras unha agresión machista

Unha muller de 43 anos permanece ingresada en estado crítico no Hospital Universitario da Coruña tras unha presunta agresión por parte da súa parella, de idade similar e coa que ten dous fillos. Os feitos aconteceron sobre as tres da pasada madrugada nunha vivenda ubicada no número 21 da rúa Fontecaldeira, que une o casco urbano de Carballo coa parroquia de Sísamo. Segundo fontes consultadas a muller sufriu feridas graves polo corpo, na cara e na cabeza. O presunto agresor deuse á fuga e foi detido pola Garda Civil na Coruña cando pretendía entregarse. A Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo  abriu  unha investigación para esclarecer os  feitos.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confirmou que había unha denuncia contra o detido de hai un ano por vexacións e insultos, pero puntualizou que «non había orde de afastamento nese sentido e ambos seguían convivindo xuntos». «É a única información que temos», asegurou.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, comentou que espera que a evolución médica da vítima «sexa favorable». «Como desexamos todos», dixo. Ademais, o rexedor confirmou que a vítima rechazara anteriormente asistencia do centro municipal de información á muller.

Pancarta contra as violencias na Casa do Concello de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha