En estado moi grave o xornalista José Manuel Díaz Maseda tras un accidente de tráfico

Contabámolo tristemente este venres pola tarde, O 112 Emerxencias Galicia informaba dun accidente por alcance entre un camión e un vehículo na AP-9 á altura de Ordes, e que se saldaba cos dous ocupantes do turismo, un home e unha muller, feridos de gravidade. A muller foi evacuada en ambulancia do lugar con traumatismos nas extremidades e o home, en estado máis grave, era evacuado en helicóptero. Segundo transcenderon os minutos confirmouse a identidade dos feridos, o home resultaba ser José Manuel Díaz Maseda, un distinguido xornalista adxunto á televisión pública galega, na que mesmo ostentou diferentes cargos de relevo ao longo da súa ampla traxectoria profesional. Ademais tamén está moi vencellado á sociedade, a música e a cultura compostelá, formando parte da agrupación Troyanos de Compostela, dentro do xénero de guitarras. Desde aquí sumámonos aos desexos de todos os seus compañeiros, ademais de troyanos e xornalistas que se envorcaron en mostrarlle o seu apoio desexándolle unha pronta recuperación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha