Esta actuación foi adxudicada á empresa Construcións CLC por un investimento de máis de 45.000 euros. Os traballos, que se levan a cabo no punto quilométrico 17+900 da citada vía autonómica, finalizarán aproximadamente na primeira quincena de xullo.
Trátase da estabilización dun noiro na estrada AC-441, en Boudañeira, no Concello de Dumbría. As obras centraranse no saneo e roza da superficie do noiro e na posterior colocación de bulones.
Con estas actuacións, buscase garantir a estabilidade deste punto da estrada e evitar posibles desprendementos, incrementando así a seguridade viaria nesta contorna.