En fase final de execución varias obras no termo municipal da Laracha

0 minutes read

A execución dos proxectos de mellora da rede viaria nos núcleos de A Gándara na parroquia de Torás, A Pedreira en Caión, e Santa Baia en Soandres, entrou na súa fase final.

Nos tres puntos de intervención xa se realizou a renovación do pavimento. En total dotouse cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente, que facilitará a circulación dos vehículos, a unha lonxitude lineal próxima aos mil metros.

As obras concluirán nos próximos días co pintado das marcas viarias tanto en A Gándara como en A Pedreira.

Este proxecto está valorado en preto de 88.000 euros.