En febreiro, propostas para todos os públicos na programación cultural de Cerceda

1 minutes read

O Concello de Cerceda presentou a súa programación cultural para o mes de febreiro con propostas para todos os públicos. Haberá sesións de teatro cada fin de semana e conmemorarase o Día de Rosalía o 24 do mesmo mes cunha lectura da obra da autora no Campo da Feira ás 12:00 horas.

O primeiro espectáculo o que poderá acceder o público é o de “Cubo”, de Elefante Elegante, ás 18:00 horas do domingo 6 de febreiro no Auditorio Municipal. O domingo 13 de febreiro, quenda de “Animais de compañía” por parte de Teatro do Noroeste ás 18:00 horas.

O día 20 de febreiro, “Música das buxainas”, de Mamá Cabra e Bellón Maceiras, tamén ás 18:00 horas. Pechará o febreiro cultural Lisístrata con “Tecín soia a miña tea”, o sábado 26 de febreiro ás 18:00 horas.

As inscricións para cada sesión pódense formalizar na liña telefónica habilitada 981 68 50 01, e terán preferencia as persoas empadroadas en Cerceda.