En funcionamento o Servizo de Atención Temperá


A atención temperá enténdese como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á sua familia e a contorna, o seu obxectivo é dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes dos nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A clave é que, canto mais axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención profesional poden ser mellores. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas empadroados nos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo. Pódese ter mais información contactando con Temperá Costa da Morte, chamando aos teléfonos 696 557 782 en PedraMaior, 97 Ezaro-Dumbría e ao 696 557 782 Avda Finisterre, 12-1º Vimianzo.