“En Galicia un de cada catro nenos están en situacións de risco de pobreza”


O alto comisionado para a loita contra a pobreza infantil sinala que a UE demandou a España “invertir más y mejor” na protección da infancia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu unha xuntanza de traballo cunha trintena de organizacións vinculadas á pobreza e á infancia en compañía do alto comisionado para a loita contra a pobreza infantil, Pau Marí Klose, para poñer en valor o compromiso do goberno socialista “nunha cuestión de país”.

Gonzalo Caballero instou a Feijóo a “recoñecer o traballo” do executivo socialista neste senso, “un feito diferencial” co que ocorría cando o PP gobernaba. “Feijóo debería recoñecer o traballo do alto comisionado, cunha axenda transversal enfocada a que ningún neno vexa lastradas as súas posibilidades de desenvolvemento futuro”, concluíu.

“INVERTIR MÁS Y MEJOR”

Pola súa banda, o alto comisionado explicou que o drama da pobreza infantil era “una asignatura que llevaba mucho tiempo sin abordarse” e na que “nos jugamos muchísimo” tanto “en términos de justicia social” como de “igualdad de oportunidades”.

Ademais, indicou que o último informe da UE sobre o investimento de España para loitar contra a pobreza infantil reclamaba “invertir más y mejor” na protección da infancia, porque “se invertía poco  y eso tiene consecuencias” en eidos como o fracaso escolar ou a obesidade infantil.

Por tanto, incidiu Pau Marí Klose, “la sociedad en su conjunto tiene que asumir esto” e implicarse, motivo polo cal a semana pasada o presidente do goberno mantivo tamén un encontro con empresas que “ya expresaron su voluntad de incorporarse a esta alianza de país contra la pobreza infantil”.