En Galicia votou PP o 38,4 %, PSdeG o 29,2 %, e BNG o 17,3 %

1 minutes read

O PP galego logrou mellorar os seus resultados municipais nos comicios deste domingo respecto á cita nos concellos de 2019, co PSdeG en retroceso e o BNG á alza. PP e BNG lograrían sumar ao redor duns cen concelleiros máis cada un, unha cantidade similar á que perderían conxuntamente os socialistas en toda Galicia.

“Galicia expresouse con claridade: O PP de Galicia gañou as eleccións municipais”, asegurou Alfonso Rueda, na súa valoración dos resultados.

secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, dicía sobre os resultados, que “o PPdeG mantense lonxe da representatividade das grandes cidades de Galicia mentres que o PSdeG mantén por riba dos 1000 concelleiros a súa representación municipal”.

Pola súa parte, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, encomiou os bos resultados de Goretti Sanmartín en Santiago, que “consolidan un cambio de ciclo” dende as pasadas eleccións galegas. Os nacionalistas asumen “a responsabilidade de ser alternativa real fronte o PP”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?