En illamento varios pasaxeiros dun voo Madrid – Vigo

Fontes do Sergas confirmaron que doce pasaxeiros que viaxaban nun avión que aterrou no aeroporto de Vigo procedente de Madrid están en illamento domiciliario despois de que un home que ía nese voo dese positivo.

Este voo de Iberia Express viña cheo, aínda que só se ordenou o illamento dunha ducia de pasaxeiros, suponse que os que sentaron máis preto do contaxiado. O home que deu positivo, segundo as fontes sanitarias  non está hospitalizado, e estaría a centralizar o seguimento do caso a área da Coruña.

En canto a que non se realizaron PCR ás persoas illadas, o Sergas explicou que se aplica estritamente o protocolo sanitario previsto para estes casos. Así, a directriz é facer un control telefónico dos contactos estreitos e valorar, en función da clínica e se presentan síntomas ou non, a realización da proba.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha