En liberdade o encarcerado pola morte de Oleiros en Noitevella


  • A vítima recibiu sepultura hai pouco máis de tres semanas no cemiterio carballés de Rebordelos.

Segundo os resultados da autopsia realizada ao falecido, Enrique G. R. de 31 anos, a causa da súa morte non sería o presunto golpe cun cinceiro, senón a posterior caída. Así as cousas, a xuíza decretou a posta en liberdade provisoria do acusado, tal e como solicitara o seu avogado, coa obrigación de presentarse cada 15 días no xulgado. A investigación continuará o seu curso coa comparecencia de varias testemuñas máis.