En liberdade o home de 83 anos que se atrincherou armado en Oleiros

1 minutes read

Trátase dun octoxenario, inspector da Policía Nacional xa retirado, investigado por dous delitos de intento de homicidio, por disparar contra os dous axentes que se desprazaron á zona da rúa dos Niños despois de que a súa exmuller os alertara de que a ameazara de morte. O instituto armado tamén o acusaba dun delito de violencia de xénero por estes feitos. Lembramos que este home se atrincherou nun piso, e coa zona perimetrada, o edificio rodeado e os axentes en posición, un mediador da Garda Civil acabou por convencelo de que a mellor alternativa para el era entregarse. Finalmente así o fixo sen opoñer resistencia. Este luns foi trasladado desde os calabozos de Lonzas, onde estaba detido, ata os xulgados da Coruña onde pasou a disposición xudicial, quedando posteriormente en liberdade.