En liberdade sen fianza o acusado de apuñalar ao seu compañeiro en Vimianzo

Archivo.

O Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión decretou este venres liberdade sen fianza para J.Bautista D.T. de 38 anos e veciño de Muxía, o home que foi detido tras a pelexa rexistrada na parroquia de Calo, correspondente ao municipio de Vimianzo, na que dous homes se apuñalaron mutuamente. Este home, que está investigado por un delito de lesións, deberá comparecer perante o xulgado os días 1 e 15 de cada mes e, ademais, impúxoselle a prohibición de aproximarse á vítima a menos de 150 metros así como a comunicarse con ela. Mentres tanto o outro ferido continua ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela con varias feridas por arma branca nas costas e nun brazo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha