39
O mozo pasou a disposición xudicial tras ser detido e quedou en liberdade á espera de xuízo. Os feitos que se lle imputan sucederon na madrugada do pasado sábado 23 de decembro cando varios veciños alertaron á Policía Local da presenza dunha persoa na Avenida Bergantiños que supostamente estaba a romper retrovisores e causando danos na carrocería de varios vehículos. Tras ser identificado coa axuda dunha testemuña o mozo foi detido. Tamén se lle imputa resistencia grave a axentes da autoridade, levada a cabo tras a súa identificación.