Os traballos no sistema dunar consistirán na erradicación e control de especies arbóreas non propias, especialmente piñeiros, para reducir o avance desta especie e recuperar a dinámica natural deste espazo; que na actualidade presenta un estado de conservación inadecuado e con tendencia ao deterioro, sobre todo das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises). No que atinxe á senda litoral, retiraranse especies exóticas invasoras, como acacias; ao mesmo tempo que se retirarán pés de eucaliptos. Por último, efectuaranse traballos para obter cartografía dixital daquelas zonas nas que estaban presentes os piñeiros, co fin de estudar e coñecer a evolución do sistema dunar e recordou que a Ría de Ortigueira-Ladrido é tamén un dos seis humidais Ramsar declarados en Galicia. Esta actuación completarase cos traballos que se levarán a cabo no río Mera, ao seu paso por Ortigueira, unha actuación enmarcada dentro do plan de actuación integral -impulsado pola Xunta- Proxecto Mil Ríos. Así o avanzou este luns a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que presentou os proxectos en materia de patrimonio natural que se levarán a cabo no municipio.
20