En marcha a 5ª edición do concurso de Nadal “PanxoliñaZas”

1 minutes read

O Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, convoca por quinto ano o concurso de Nadal “PanxoliñaZas”. Este certame ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega e das novas tecnoloxías así como a recuperación das nosas tradicións.

O concurso está aberto a toda a veciñanza, independentemente da súa idade, e pode facelo tanto de forma individual como en grupo. Os participantes deberán gravar un vídeo cantando unha panxoliña, un vilancico, un canto de Aninovo ou de Reis en lingua galega e poden ser tradicionais, xa existentes, de creación propia ou traducións ao galego. 

Exhibición dos vídeos

Os traballos penduraranse na páxina de Facebook “Concello de Zas Actualidade Municipal” do 16 ao 19 de decembro e os internautas encargaranse de votar polo seu vídeo favorito. O que máis gústame teña recibirá o premio ao vídeo máis popular. Ademais premiaranse, a criterio dun xurado formado por membros do Concello de Zas, os traballos pola súa presentación, pola súa fidelidade á tradición da nosa zona e un vídeo infantil. En total outorgaranse catro premios de 100€ cada un xunto cun diploma acreditativo.