En marcha a campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica”


Segue en marcha a campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica” da man da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio, dirixida por Pilar Doldán. O funcionamento é o seguinte: hai vinte e cinco negocios adheridos, nos cales por cada 20 euros de compra, os clientes poderán optar a un vale de 100 euros para gastar nos mesmos. Sortéanse cinco tarxetas en total e remata o 6 de xaneiro. Trátase de fomentar a compra na vila nestas datas tan importantes para as empresas locais. A campaña botou a andar hai apenas uns días.
Os establecementos nos que se pode aspirar a lograr o gran agasallo económico son os seguintes. Algúns deles uníronse recentemente: Administración de Loterías Pedra Douro, Almacenes Armas, Alverixa, Asfeco Asesores, A Tenda de Vera, A Tenda de Carmen, Calzados LC, Elemoba, Estanco Vanessa Varela Morales, Estanco Visi, Farmacia Ana Fernández Viñas, Farmacia Atlántico, Floristería Lolita, Gemma Chouciño Estética, Joyería Pallas, Librería Casa Pardo, Librería Miguens, Lolas, Peluquería Ana Ures, Peluquería Cristal, Peluquería Isabel, Peluquería Marta, Peluquería Spellos, Teresiña de Facal e Torrado Anido SL.