42
Dende este pasado xoves e ata o día 21 de xuño (mércores) celebraranse as xornadas de clausura do curso 2022/23 para os participantes na Escola de Natación Infantil, na que participaron máis de 600 nenas e nenos. As xornadas de clausura celébranse nos horarios habituais da actividade (de 16:45 a 19:45) e consistirán en xornadas de portas abertas con entrega de diplomas nos que figura o nivel acadado e medallas para os participantes de maior idade, que celebran unha sinxela competición.