Estes traballos estanse a desenvolver por Augas de Galicia en varios treitos deste río, ao seu paso por distintos lugares das parroquias de San Xoán de Cambeda, San Xoán de Calo e San Vicenzo de Vimianzo.
As actuacións neste río desenvólvense ao longo de treitos que suman unha lonxitude total de 6,5 quilómetros.
As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.
Os traballos contribúen a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.