O Concello da Laracha crea dous parques infantís en Erboedo e Soandres

Concello da Laracha

  • Abriranse ao público nos próximos días e contan cun investimento duns 30.000 euros procedentes de fondos municipais.

O Concello da Laracha ten en marcha a creación de dous novos parques infantís: un no Igrexario de Erboedo e outro no campo da festa da parroquia de Soandres.

Os novos equipamentos, que nun principio abrirán ao público nos próximos días, contarán con tres unidades de xogos -columpios, balancín e tobogán-, pavimento de caucho e un valado de madeira que forma o peche perimetral.

O alcalde, José Manuel López Varela; o concelleiro de Obras, Jesús Souto; e a edil de Educación e Xuventude, Patricia Bello, achegáronse ata ambos parques para coñecer o resultado das actuacións, que están a piques de rematar, nas cales o Concello inviste preto de 30.000 euros procedentes de fondos municipais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha