Trátase de unha folla de ruta para a vindeira década destinada a que a Comunidade estea preparada para afrontar os retos da futura dixitalización e poida beneficiarse das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
Máis polo miúdo, o titular do Goberno galego explicou que esta nova estratexia pivotará sobre 4 piares que estarán aliñados coas políticas europeas da futura dixitalización.
Durante a súa intervención, Feijóo tamén lembrou que Galicia leva tempo apostando pola dixitalización. A ese respecto, fixo referencia a Axenda dixital de Galicia 2014 e 2020, coas que se mobilizaron en 10 anos preto de 3.000 M€ entre capital público e privado. Un esforzo, dixo, que se reflicte, por exemplo, nunha administración máis dixital, en 2018 o 50% dos trámites foron telemáticos ou nun ensino no que todas as aulas desde 5º de primaria a bacharelato contan con dotacións mínimas dixitais e preto de 20.000 estudantes utilizan só o libro dixital.