En marcha a estación intermodal de Santiago, a primeira de Galicia


Este sábado tivo lugar o acto institucional da posta en servizo da estación de autobuses da intermodal da capital galega, o presidente da Xunta e o alcalde de Santiago estiveron presentes no acto, entre outras autoridades. Feijóo puxo en valor que este proxecto é froito “dunha colaboración institucional intelixente e exixente” entre a Xunta de Galicia, o ADIF e o Concello de Santiago. “O entendemento é a única argamasa para que os albaneis, os peóns, os arquitectos, os enxeñeiros poidan construír e o entendemento é a única argamasa na política para que esas construcións sexan posibles e sexan realidades”, aseverou.

Deste xeito “Santiago é unha cidade mellor, máis grande, máis conectada, máis capital”, o titular do Goberno galego recordou que a nova estación de autobuses e a pasarela da intermodal supuxeron un investimento conxunto de 18,5 millóns de euros, dos que 14,4 millóns foron achegados pola Xunta de Galicia. Ademais, estas actuacións foron tamén cofinanciadas con fondos europeos FEDER 14/20,

35 dársenas de autobuses coas que conta, a previsión de transportar 2 millóns de pasaxeiros ao ano e tamén o feito de centralizar o transporte público nun único espazo no que os usuarios poden percorrer en apenas 3 minutos e a cuberto a distancia que separa as dársenas de autobús dos andéns de ferrocarril. A nova estación de Santiago “é un centro neurálxico do transporte que queremos construír”, abundou Feijóo.

Autoridades asistentes ao acto.