En marcha a execución dunha senda peonil no Cancelo, no concello da Laracha

1 minutes read

Esta senda peonil foi adxudicada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones por un investimento de case 50.000 euros e conta cun prazo de execución de tres meses.
Trátase da execución dunha senda na marxe dereita da estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 23+220 e 23+420, na zona do acceso á autoestrada AG-55 e ao parque empresarial.

Este itinerario completará os traxectos peonís da zona, xa que, tanto na marxe esquerda da propia estrada como na entrada ao parque empresarial, actualmente xa existen sendas.
As obras execútanse sobre dominio público existente, cunha sección útil de 2,5 metros de ancho e pavimento de formigón. A drenaxe resolverase cun novo colector de pluviais, cos seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros.