En marcha a III edición da Carballo Trail Race

CEDIDA

  • A carreira, que se disputará o 2 de febreiro, estará supervisada polo Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo

O Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia organizan o Carballo Trail Race 2020, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e con dous trazados en competición de aproximadamente 11 e 30 quilómetros. A carreira, que se disputará o 2 de febreiro e en cuxa organización colabora a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo, estará supervisada polo Comité de Xuíces da FGA.

As inscricións quedarán abertas ata o día 29 de xaneiro de 2020 ou ata acadar as 400 prazas. Poderanse formalizar na web www.carreirasgalegas.com; o prezo é de 6 € para o trail curto e 10 € para o trail longo.

A carreira presentouse esta xoves na casa do concello nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o técnico municipal de deportes, Manolo Varela Bardanca; e Martina Tasende e Techo Vales, da AD Media Ducia.

“Esta carreira, que cumpre a súa terceira edición, é un dos máximos expoñentes da colaboración entre a administración local e as numerosas entidades deportivas sen ánimo de lucro que hai no concello”, asegurou o técnico do Padroado Deportivo Manuel Varela Bardanca. Ademais tamén destacou o importante labor dos voluntarios na organización da proba: “Sen os cuantiosos medios persoais que ten Media Ducia sería imposible para a administración acometer un evento como este con só medios propios”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha