En marcha a maquinaria do San Xoán carballés cunha convocatoria aberta a toda a veciñanza

1 minutes read

A Concellaría de Festas do Concello de Carballo pon en marcha a organización das celebracións patronais do que será o San Xoán 2023. Este ano queren volver a contar coa implicación da veciñanza participando nos actos que se leven a cabo pero tamén axudando a organizalos e achegando propostas que contribúan a que o San Xoán sexa cada vez mellor.

Teñas a idade que teñas, sexas da parroquia que sexas, en solitario ou en grupo… a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, convídate a achegarte este mércores 18 de xaneiro, ás 20.30 horas, á xuntanza que se celebrará no Pazo da Cultura. Unha convocatoria aberta a toda a veciñanza, para entre todas e todos conseguir organizar #omellorsanxoán.